Luns. 27.01.2020
El tiempo

A circunvalación de Carballo comezará en Bértoa será licitada a comezos de ano

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, mantivo unha xuntanza con representantes empresariais do polígono industrial de Bértoa

Unha petición de décadas que parece que será unha realidade a partir do ano que vén. A Xunta anunciaba este venres que licitará a comezos de 2020 a redacción do proxecto da Circunvalación de Carballo, e que ademais comezará no polígono de Bértoa, como veñen pedindo Concello e Empresarios durante anos.  

A conselleira Ethel Vázquez presentou lle o proxecto nunha xuntanza con empresarios do polígono.  

Unha obra que suporá un investimento duns 28 millóns de euros e que se executará en dúas fases. A primeira enlazará as vías autonómicas AC-552 e AC-413, e estará lista, segundo as previsións da conselleira, no ano 2022. Finalmente, polo tanto, a obra comezará polo parque empresarial carballés, como se viña demandando dende o Concello e dende diferentes foros empresariais, dado o gran volume de tráfico pesado que xera o polígono e que na actualidade vese obrigado a atravesar a zona urbana por diante de tres centros educativos e un complexo deportivo, coa perigosidade que iso supón. 

Comentarios