luns. 05.05.2025
El tiempo

Afaber recoñece a solidaridade do concello de Carballo co alzhéimer

Afaber recoñece a solidaridade do concello de Carballo co alzhéimer
afaber-carballo-solidario-alzheimer O presidente de Afaber, Jesús Villar, entregoulle ao alcalde de Carballo o certicado de concello solidario co alzhéimer Carballo conta dende onte cun certificado que acredita a súa solidaridade co alzhéimer. O presidente da asociación de familiares de enfermos de Alzhéimer de Bergantiños - Afaber -, Jesús Villar, vén de entregarllo ao alcalde, Evencio Ferrero, nun acto no que tamén participaron a concelleira de Igualdade e Benestar, Maica Ures, e a vicepresidenta e a tesoureira de Afaber, María Vilariño e Mª Luz Suárez, respectivamente. Co acto de onte, que tivo lugar na alcaldía, materialízase o acordo plenario adoptado o pasado 31 de outubro pola corporación municipal para declarar Carballo como concello solidario coa enfermidade do alzhéimer, “apoiando así a necesidade de atender aos veciños que conviven cunha demencia e, polo tanto, implicándose tamén na atención en demencias e alzhéimer”, como destacan dende a asociación.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@qiepasanacosta.com).
  • Concello de Carballo

Comentarios