AFIGAL estrea oficina en Carballo
A Sociedade de Garantía Recíproca (SGR) Afigal inaugurou hoxe a súa nova delegación en Carballo. Unha oficina situada no viveiro de empresas da Cámara de Comercio da Coruña, sita no polígono de Bértoa, que tratará de dar de apoio a pemes, emprendedores e autónomos da Costa da Morte, reforzando así a súa presenza como entidade financeira ao servizo da empresa nas rexións da zona.
A entidade achégase á comarca porque conta con máis de 2.600 empresas socias, o que repepresenta o 20% da súa base corporativa total.
Esta nova oficina busca achegar os servizos ao empresariado da zona, contando con tres profesionais que ofrecerán asesoramento financeiro personalizado a pemes e autónomos.
Radiografía da actividade financeira da Costa da Morte no ano 2023
Durante 2023 Afigal apoiou 141 proxectos de pemes e autónomos na Costa da Morte formalizando avais por valor de 13,6 M€, o que supuxo un incremento do 6% con en comparación co ano anterior. Do total de garantías, o 65% destináronse a investimentos, o 21% ao capital circulante, o 8% ao refinanciamento de débeda e o 6% deles foron garantías técnico ou especial.
Os sectores que máis demandaron financiamento a través de Afigal nas comarcas da Costa da Morte son servizos (39%), comercio (23%), industria (21%), primaria (9%) e construción (8%). Segundo o tipo de empresa, o 47% son microempresas, 30% pemes e 23% autónomos.