O Albaroque encherá Verdillo de actividades
 
              
    09:41 03/06/23 
            
                  O Albaroque encherá Verdillo de actividades
Mantense a esencia de exhibición das actividades habituais, pero cun puntiño máis. O venres, antes da sardiñada, haberá xogos para a cativada, para que se manteña a vida de xogar na rúa.
 
                
                              A Asociación Arume presentou o programa do seu Albaroque 40+1, en relación coa primeira edición da nova directiva. Os dias 16 e 17 de xuño serán dous días especiais.
O sábado arrincará ás 11:00h coa escola de Teatro, e irán pasando as escolas antes da Sesión vermú con Ce Orquesta Pantasma. A tradicional sardiñada non fallará.
Pola tarde estará Peter Punk, antes das exhibicións de bailes e as entregas dos premios do venres.
Pola noite será unha das novidades, co I festival cos Gazafellos e Faíscas da Pontragha.
 
       
       
             
             
             
             
         
           
          