Sábado. 27.07.2024
El tiempo

Algodón orgánico e deseños carballeses con Razo como marco crean as prendas de moda de Esquío

Modelos de Esquio sobre a praia de Razo
Modelos de Esquio sobre a praia de Razo
Algodón orgánico e deseños carballeses con Razo como marco crean as prendas de moda de Esquío

Razo leva varios anos de moda. E hai moitas maneiras de aproveitar ese tirón como un dos areais fetiches do mundo do surf en toda Europa. O mundo da moda é un dos eidos nos que medran os proxectos emprendedores.

Hai un par de verans, e coa praia de Razo como musa, uns de rapaces de Carballo, xuntaron a arte que lle corría polas venas e o respecto polo planeta dándolle vida a Esquio Brand. Un pouco perdidos, só tiñan claro dúas cousas: que as prendas serían de algodón orgánico, e os deseños de artistas locais que tivesen algo que contar coas súas ilustracións.

Nese intre naciu a súa primeira creación “como cando te arroupan as ondas do mar” deseño de Nerea Vilariño, sen o cal o proxecto Esquío non tería sentido. Levaba como ilustración a propia praia de Razo, enfocándose nun sentimento: “e ti, en que pensas cando che falan da casa? como cando te arroupan as ondas do mar”.

”Ás dúas horas xa estaba esgotada na web, non contabamos con iso, os que non a conseguiran non querían quedar sin ela”, explica Alín, unha das carballesas responsables da parte empresarial xunto con Sandra.

Despois viñeron outros deseños, incluso para nenos, tamén camisetas, gorras. etc… sempre co obxetivo claro: “respecto polo planeta e cero impacto ambiental”. Polo camiño as creacións de @samenfadei, Mavi Escalona (@maviescalona_), Nere Rama (@bailandonalua), Morato Porto (@moratoporto), ou outros como @pres_fusion, @rodouyeha, @berol377 ou @erreceb3.

“Non buscamos enriquecernos con isto, cada un de nós temos o noso traballo”, explican mentres ven como o proxecto segue medrando, e medio máis tarde e xa presentes en tendas físicas como marca propia (podedes atopalas na tenda Zocas e na Fragua Boutique Shop de Carballo, ademais do inOFF de Arteixo, pero sobre todo en www.esquiobrand.es), mentres seguen apostando polas prendas sostibles duradeiras e con trazabilidade xusta e sen explotación do medio nin dos medios.

Comentarios