Venres. 29.03.2024
El tiempo

Alumn@s do IES Monte Neme crean un adestrador de rutinas de aseo para facilitar a vida dos membros de Aspaber

Alumn@s do IES Monte Neme crean un adestrador de rutinas de aseo para facilitar a vida dos membros de Aspaber
IES Monte Neme co proxecto Aspaber IES Monte Neme facendo entrega en Aspaber do proxecto Ti2=i

Facilitar a vida diaria, axudar a crear rutinas para a utilización do aseo aos membros da familia de Aspaber. Ese é o obxectivo co que nacía o proxecto Ti2=i, un proxecto que fai referencia á integración da tecnoloxía e a innovación para tratar de lograr a igualdade de persoas, no que colaboran o IES Monte Neme, ASPABER e a ONCE, recibiu un premio para a elaboración de proxectos de innovación didáctica por parte Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.

Este pasado venres alumnado e profesorado de ciclos formativos do IES Monte Neme fixeron entrega hoxe en ASPABER de dous dos produtos finais desenvolvidos ao abeiro do proxecto “Ti2=i”,: unha mesa de luz multifunción e un adestrador de rutinas para a vida diaria, que permite aos usuarios adquirir as rutinas básicas para utilización do aseo.

A mesa de luz multifunción, baseada en tecnoloxía LED RGB, ten como finalidade facilitar a adquisición de coñecementos e a aprendizaxe por parte de persoas que presentan algún tipo de discapacidade. A mesa dispón dunha tira de led RGB de alta intensidade, que se activa a través de diferentes premedores de cores, que inclúen ademais vibración para traballar a estimulación. A mesa permite tamén a gravación personalizada de música ou mensaxes de audio.

O adestrador de rutinas destínase a aprendizaxe da secuencia básica para a utilización do aseo por parte dos usuarios, traballando con elementos sensoriais visuais (pictogramas) e auditivos (arquivos personalizados de audio).

No centro contouse coa colaboración e implicación de profesorado e alumnado das familias profesionais de Electricidade e Electrónica e Fabricación Mecánica, e en concreto dos seguintes ciclos formativos de formación profesional: Ciclo Básico de Electricidade e Electrónica, Ciclo Básico de Fabricación e Montaxe, Ciclo Medio de Instalacións de Telecomunicacións, CM de Mecanizado e CS de Mantemento Electrónico, seguíndose unha metodoloxía de aprendizaxe activa para impartir o currículo a través do desenvolvemento de proxectos, “Aprendizaxe Baseada en Proxectos”, o que mellora a motivación do alumnado, ao poder dar resposta a necesidades reais.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/o-ies-monte-neme-recibe-un-premio-para-levar-a-cabo-un-proxecto-tecnoloxico-sobre-a-igualdade/

Comentarios