Luns. 29.04.2024
El tiempo

A ANPA do CEIP Xesús San Luis Romero acodirán ao Parlamento

Concentracion recortes CEIP Carballo 2
Imaxe da concentración celebrada este verán
A ANPA do CEIP Xesús San Luis Romero acodirán ao Parlamento

Este venres, o Parlamento de Galicia debaterá varias propostas por PSOE e BNG contra os recortes no CEIP Xesús San Luis Romero de Carballo. Alí estarán pais, nais e membros da ANPA do centro carballés, que non queren perdero ollo do o debate e as votacións relacionadas polos partidos, “coa esperanza de que se tomen medidas concretas para mellorar a situación no centro, e garantir unha educaciñon de calidade para todos os estudiantes”. Un xeito de “comprobar nestas votacións quen está do lado dos nenos e nenas de Carballo e que se ve claramente favorecido por outros intereses, aínda a costa do prexuízo causado aos nosos fillos”.

Dende a ANPA sinalan que tras 3 días de curso, “xa asistimos a ver como o profesorado se viu obrigado a multiplicar os seus esforzos para facer fronte a un déficit de persoal que está a afectar negativamente á calidade da atención que reciben os nosos fillos”.

Novas relacionadas

Comentarios