Mércores. 16.10.2024
El tiempo

A antiga escola de Arrabais convertirase no Centro Social da Milagrosa

O Concello está impulsado a creación dunha rede de puntos de recollida de pilas cos comercios e entidades.
escola_arrabais Carballo-Centro Social Milagrosa
Obras na antiga escola Arrabais
A antiga escola de Arrabais convertirase no Centro Social da Milagrosa

Continúa o Concello de Carballo sacando adiante obras cos máis de 3 millóns de remanente de tesourería de 2019, que o goberno permite utilizar co gallo da pandemia. Neste caso están comezando as reformas en dous edificios municipais, a antiga escola de Arrabais e o pavillón polideportivo Carballo Calero. A empresa carballesa Covisam Norte xa está en marcha como comprobaron a pasada mañá os responsables do goberno.

Na antiga escola de Arrabais realízase unha reforma integral exterior e interior do edificio, inaugurado en 1929 para convertila en centro social do barrio da Milagrosa. As obras, que teñen un orzamento de 147.317,86 euros.

No pavillón Carballo Calero toca solventar os problemas de filtracións de auga, humidades e condensación, substituindo toda a cuberta e o revestimento das fachadas. Ademais farase o mantemento da carpintaría exterior e a substitución dos portais por 255.312,90 euros.

Obras no pavillon carballo_calero

Rede de recollida de pilas

Por outra banda, o Concello está impulsado a creación dunha rede de puntos de recollida de pilas cos comercios e entidades. O Concello lembra que cada ano recolle unha media de 900 quilos de pilas e quere implicar a todas os establecimentos na mellora. Se tes un negocio só tes que chamar ao número de teléfono 981 754 917, e a empresa concesionario do servizo de recollida e xestión de residuos facilitarache un colector de balde.

Comentarios