Sábado. 27.07.2024
El tiempo

Antón Recamán e Natalia Lema demostraron a súa bagaxe literaria, e a súa boa conversa, en Brens

Anton Recaman e Natalia Lema asinando libros en Brens 4
Anton Recaman e Natalia Lema en Brens
Antón Recamán e Natalia Lema demostraron a súa bagaxe literaria, e a súa boa conversa, en Brens

Singular acto o que organizou o pasado sábado SCD Brens na Axencia de Lectura. A entidade quixo cuntar nun recital de poesía/charla a dúas das novas figuras da nosa poesía, como son a vimiancesa Natalia Lema e o ceense Antón Recamán.

Mentres Natalia presentou e recitou poemas do seu “Do amor e o delirio”, Antón fixo o propio con “Apatria”. Pero ademais da poesía houbo moita conversa moi amena. O acto o presentou Pepe Canizo con unha pequena presentación dos poetas, e logo eles , empezaron a facerse preguntas entre eles sobre as súas obras. Contaron o que sentían ao escribir, a súas vivenzas persoais, a pandemia, as perdas familiares… cun nivel de expresividade que demostra a bagaxe literaria que levan nos ombreiros.

Para rematar leron poemas das súas obra, antes de proceder ás obrigadas sinaturas.

Anton Recaman e Natalia Lema asinando libros en Brens

”Resultoume tremendamente acolledor”, recoñece Antón. “Os organizadores do acto, dende o primeiro momento, moi atentos ao que puideramos necesitar e o público asistente transmitía esa implicación que sen dicir entendíase no xesto sempre atento. A conversa con Natalia foi marabillosa, tiven a sorte de poder preguntarlle aquilo que máis curiosidade espertou en min o seu poemario e as súas respostas foron enormemente detalladas e moi esclarecedoras”, expliclounos.

”Foi, en resumo, un acto cheo de acougo no que me sentín moi cómodo e no que, sobre todo, puiden coñecer máis en profundidade o poemario de Natalia e explicar con moita liberdade detalles sobre o meu”.

Máis novas

Comentarios