Xoves. 02.05.2024
El tiempo

Antón Reixa pecha o ciclo do 80º aniversario do artista Manuel Facal,

Anton Reixa na TVG
Anton Reixa na TVG
Antón Reixa pecha o ciclo do 80º aniversario do artista Manuel Facal,

O programa de actividades conmemorativas do 80º aniversario do artista Manuel Facal, remata este venres 3 de novembro ás 20:30 horas no Espazo Casino 1889, cun espectáculo multidisciplinar de música, vídeo e poesía que presenta en Carballo coa performance ConCerto DesconCerto. Tomará a palabra Miguel Anxo Fernán Vello, en nome da comisión organizadora, para dar a benvida ao público asistente e presentar ao poeta Antón Reixa.

O eterno fundador de Os Resentidos e membro de Siniestro Total, chegou a ser presidente da Sociedad General de Autores de España, e en 2021 recibiu a Medalla de Ouro ao Mérito das Belas Artes. Pasa por ser un un dos maiores representantes da cultura galega contemporánea.
O acto é de entrada libre.

Comentarios