“Ao sol que + rasca”, a nova campaña de dinamización do comercio local do CCA de Carballo

O Centro Comercial Aberto (CCA) de Carballo pon en marcha durante todo o mes de xullo a campaña estival “Ao sol que + rasca”, unha iniciativa que busca incentivar as compras no comercio local baseada en boletos “rasca e gaña”.
A campaña, deseñada para reforzar a fidelización da clientela e dinamizar a actividade comercial durante un dos períodos de maior afluencia turística, conxuga a oferta de premios directos, descontos exclusivos e experiencias vinculadas ao verán. Os consumidores recibirán un boleto por cada compra superior a 20€ realizada en calquera dos 53 establecementos adheridos, podendo optar a diferentes premios que se poderán trocar en días específicos.
Entre os agasallos que inclúe a campaña destacan produtos promocionais como camisetas, botellas de auga, parasois, bolsas de tea ou neceseres; vales de compra e experiencias de lecer como almorzos, ceas, clases de surf e tratamentos estéticos.
O troco dos premios realizarase o sábado 19 e o domingo 27 de xullo, de 11 a 14 horas, coincidindo a xornada dominical con feira en Carballo, nunha carpa instalada na rúa Coruña. Esta elección non é casual, xa que busca aproveitar a gran afluencia de visitantes e fomentar o consumo durante as xornadas feirais.
Comercios participantes
A Saia da Carolina Store, Akira, Aloe Herboristería, Atelier, Atmósfera Sport, Barbería-perruquería Beni, BeCool, Benetton, Bio Salón Mesturas, Buy&Sell, Calzados Susa, Comercial Queijo, Confecciones San Juan, Cristina Morgade, D&A Complementos, Dequip Carballo, donClip.es, DV Carballo, Ekate, Emiliano moda, Federópticos Nicolás, Ferretería Arán, Florida Centro Joya, Floristería Taibo, holaMOBI, Informática Valem, Interfilm, Jorge Moda, Joyería Rafa Vila, La casita de Lu, Lencería Mª José, Maker Store by Allnet, Maluca Lobe, Merliño xoguetería, MisterNutrición, Mmmm! Xeados, Moda Suárez, Muebles Fuentes, Necos, O Barco dos Soños, Oro Express, Purificación Lema Centro de estética, Refugallo Zero, Retoños, Sastrería Miguel, Teirón, Teirón muller, Teirón nenos, Todo Lar, upa! Espazo barefoot, Vessali Joyería, Zapatillería Isabel e Zocas.