APTCM e a Asociación de Hostelería de Carballo unen camiños

Nunha taberna carballesa tivo lugar onte unha importante reunión entre a Asociación de Empresarios de turismo da Costa da Morte (APTCM) e a Asociación de Hostelería de Carballo, co ánimo de explorar a posibilidade de unir as duas asociacións.
Entre as posibilidades, barállase que o colectivo de Carballo se integre en APTCM como agrupación ou a título individual dos socios que así o desexen.
"Trátase de seguir unindo esforzos e capital humano para dispoñer dun mellor músculo financieiro e así afrontar proxectos máis ambiciosos", explican dende APTCM, no seu afán por profesionalizar o sector. Todos coincidiron en que a unión fai a forza. E que toda a Costa da Morte traballe nunha única dirección. Logo de trasladarllo aos seus socios quedaron en intercambiar de novo as conclusións.
A día de hoxe, APTCM conta con 163 socios que sumando os da Asociación de hosteleiros de Carballo, Solpor e Camariñas xa serían preto dos 400. De feito, os empresarios de Solpor (Empresarios do Camiño a Fisterra e Muxía) e os de Camariñas tamén son Socios, como colectivo, de APTCM e un algúns deles tamén o son a título individual.