Sábado. 27.04.2024
El tiempo

A artesanía toma o Nadal por Bergantiños

Carballo e Malpica acollerán esta fin de semana sendos mercadillos de Nadal coa artesanía local como protagonista.
Mercarte Carballo e Mercado Artesan Malpica
A artesanía toma o Nadal por Bergantiños

Mercarte Carballo

Volve o xa tradicional mercado de Nadal que por segundo ano consecutivo acolle o Casino1889 coa colaboración do Concello de Carballo. Mercarte nace co obxectivo de amosar e promocionar o producto artesán e artistico da bisbarra Productos sostibles e orixinais, pezas únicas e de autor: doces, arte cerámica, reciclaxe, moda sostible... é o que poderedes atopar neste Mercarte, unha maneira diferente e orixinal de agasallar no Nadal e de poñer en valor a artesanía e a arte da nosa bisbarra. que se celebrará os dias 17, 18 e 19 de Decembro.

A xornada inaugural será o Venres 17 ás 20:00 horas e pechará ás 22:00 horas.
O resto das xornadas o horario será de 10 a 14 horas e de 16:30 a 21:30.

Mercado Artesán en Malpica

Completito o Mercado que acollerá a Praza de Abastos de Malpica o sábado 18 e o domingo 19. Haberá pandeiretas, obradoiros, chocolatada, visitas do Apalapador, Os Viqueiras e Cabezudos, e mesmo concerto co gran Ce Orquestra Pantasma.

Mercado Artesan Nadal malpica 2021

Comentarios