xoves. 15.05.2025
El tiempo

As obras da contorna do CEIP Xesús San Luís Romero carballés avanzan mentres se licitan as obras do pavillón

As obras da contorna do CEIP Xesús San Luís Romero carballés avanzan mentres se licitan as obras do pavillón
Pavillon CEIP san luis romero Carballo Pavillón CEIP San Luís Romero de Carballo

Mentres van avanzando as obras na contorna do CEIP Xesús San Luís Romero, o Concello de Carballo está xa realizando procedemento de contratación do proxecto de reforma do pavillón do colexio.

A reforma da instalación deportiva ten un orzamento inicial de 131.062 euros. A mesa de contratación xa revisou esta semana as propostas presentadas polas empresas e a adxudicación do contrato realizarase en breve. O proxecto inclúe o peche da instalación, a iluminación e a mellora da accesibilidade desde o propio colexio, entre outras actuacións menores, e será financiado integramente con fondos municipais.

A obra do pavillón súmase ao proxecto de mellora da accesibilidade que se está a acometer nestes momentos na contorna do colexio, nunha primeira fase que afecta ás rúas Xesús San Luís Romero e Fotógrafo Xosé Vidal. A primeira xa está rematada e aberta á circulación, e, de feito, en poucos días tense convertido nun lugar de paseo moi utilizado polos veciños e veciñas do barrio. Agora avanzan os traballos na Fotógrafo Xosé Vidal co obxectivo de telos o máis rematados posible para o comezo do curso escolar, xa que por esta rúa realízase o acceso ao centro.

Nunha segunda fase, que o Concello de Carballo pretende acometer o antes posible, a actuación centrarase nas rúas Saturnino Cuíñas e Cemiterio Vello, de tal xeito que quedará urbanizado todo o perímetro do centro educativo.

Novas xuntanzas dos Consellos Parroquiais

En setembro tamén empezará un novo curso para os Consellos Parroquiais de Carballo, xa que despois do parón estival retomaranse as xuntanzas. A primeira reunión está programada para o día 1 en Entrecruces. Xa hai datas tamén para as de Cances (6 de setembro), Rebordelos (14), Noicela (15), Aldemunde (21), Vilela (22), Bértoa (28) e Lema (29), e desta segunda quenda faltan por fixar as de Sofán, Artes, Razo e Ardaña. A terceira arrancará o 8 de novembro en Goiáns.

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Carballo.

Comentarios