Luns. 09.09.2024
El tiempo

Asinado o contrato para a reforma do pavillón do CEIP Xesús San Luís Romero de Carballo

Asinado o contrato para a reforma do pavillón do CEIP Xesús San Luís Romero de Carballo
contrato-pavillon A empresa adxudicataria asegura que as obras estarán listas, previsiblemente, en mes e medio Dentro de mes e medio xa estarán listos previsiblemente as obras de reforma do pavillón do CEIP Xesús San Luís Romero de Carballo. Así o asegurou onte o representante da empresa adxudicataria - Desarrolla Obras y Servicios - durante o acto de sinatura do contrato. Un acto no que estiveron ademais presentes o alcalde de Carballo - Evencio Ferrero -; o concelleiro de Deporte - Marcos Trigo -; e o arquitecto redactor do proxecto - Fernando Añón -. Se todo vai dentro do previsto, os nenos e nenas xa poderán gozar da renovada instalación á volta das vacacións de Nadal. Precisamente o mércores xa se mantivo un primeiro contacto coa dirección do centro para intentar que a presenza dos operarios entorpeza o mínimo posible a actividade escolar. As obras foron adxudicadas por 121.883,30 euros. A maiores, e sen custe algún para o concello de Carballo, a empresa construirá dous aseos e un almacén e realizará outras actuacións menores valoradas, en conxunto, en máis de 20.000 euros. O proxecto inclúe o peche da instalación, a iluminación e a mellora da accesibilidade desde o edificio do colexio. Esta actuación súmase aos traballos de mellora da accesibilidade e da seguridade que se están a acometer nestes momentos na contorna do colexio. Nesta primeira fase o proxecto céntrase nas rúas Xesús San Luís Romero e Fotógrafo Xosé Vidal, onde, ademais de instalar ou modernizar todos os servizos, optouse por un acabado en superficie de plataforma única, con amplas zonas peonís e áreas verdes. Novas relacionadas Fonte

Comentarios