Aspaber amplía as súas instalacións para duplicar as súas prazas
Con 70 prazas conta xa o centro de día de ASPABER. O Centro duplica as prazas gracias á ampliación que vén de inaugurar este venres, e que contou con 255.000€ da Xunta e 33.200€ da Deputación.
A entidade, que cumple ademais 50 anos de exercicio, ofrece unha atención integral e personalizada ás persoas usuarias, favorece a súa inclusión social e laboral e brindar apoio e acompañamento ás familias e ás persoas achegadas no día a día.
A Conselleira de Benestar, Fabiola García, o presidente da Deputación Valentín González Formoso, e o alcalde carballés Daniel Pérez, foron algunhas das autoridades que non quixeron perder a inauguración.

A directora de ASPABER Dolores Fernández, incidiu no “especial” da ampliación do centro de día. Fixo fincapé na vontade da entidade que representa en “seguir atendendo, de forma próxima e humana ás persoas usuarias”. Lembrou que ASPABER atende hoxe a 120 persoas e emprega a outras 76, volvendo agradecer a persoas, empresas e administracións implicadas en “mellorar a atención que lle damos cada día ás persoas usuarias”.
“Este novo centro contará cunha capacidade para atender 25 persoas, priorizando o seu benestar e unha atención próxima e humana”, rematou a presidenta de ASPABER.

