Sábado. 20.04.2024
El tiempo

ASPABER e USC unen forzas para crear materiais didáticos dirixos a persoas con diversidade

Aspaber no Forum 5
Aspaber no Forum 5
ASPABER e USC unen forzas para crear materiais didáticos dirixos a persoas con diversidade

Día especial o de onte para a familia de ASPABER (Asociación de Pais de Discapacitados Psíquicos de Bergantiños). A entidade carballesa une forzas coa Universidade de Santiago de Compostela (USC) para a creación de materiais didácticos dirixidos a persoas con diversidade funcional asociadas a dificultades cognitivas, así como un Campus Virtual con cursos formativos e recursos dixitais dirixido as/os profesionais que traballan nesta Asociación.

Aspaber no Forum

A comezo de curso arrincaba o proxecto de Aprendizaxe-Servizo (ApS) dada a escaseza de recursos educativos para traballar con alumnado con diversidade e a ausencia de cursos formativos para os profesionais que traballan neste sector. Este xoves tiña lugar a entrega dos recursos creados durante este trimestre.

Foron máis dun centro de alumn@s de varias materias os que participaron no deseñor do material, conducidos polo seguinte profesorado: Silvia López Gómez, Tania Caamaño Liñares, Ana Rodríguez Guimeráns, Jesús Rodríguez Rodríguez.

O alumnado de 4º curso de Pedagoxía da materia de “Formación en Rede” foi o artífice da configuración dun Campus Virtual creado mediante a plataforma Canvas LMS, dirixido aos profesionais da asociación ASPABER. Este mesmo alumnado, alimentou dita plataforma con dous cursos sobre Competencia Dixital: “Área de Información e alfabetización informacional” e “Área de seguridade”. Ademais, é interesante destacar que estes cursos conteñen actividades interactivas para poder avaliar os coñecementos aprendidos. A plataforma permanecerá aberta para crear e engadir os recursos que se consideren necesarios.

Comentarios