luns. 28.07.2025
El tiempo

Avanzan, cun investimento de 1,7M, as obras de rehabilitación do IES Alfredo Brañas

Ethel Vázquez e Rubén Lorenzo no IES Alfredo Brañas 02
Ethel Vázquez e Rubén Lorenzo no IES Alfredo Brañas
Avanzan, cun investimento de 1,7M, as obras de rehabilitación do IES Alfredo Brañas

Dende 2021 levaba pedindo a comunidade escolar obras urxentes no IES Alfredo Brañas. E tras anos de peticións, e unha vez rehabilitado o esfolado auditorio, a Xunta aprobaba o pasado mes de novembro un importante investimento na rehabilitación completa do centro carballés.

Onte, o deputado do Grupo Popular e portavoz do PP en Carballo, Rubén Lorenzo, xunto á tamén deputada Ethel Vázquez visitaron as obras rehabilitación integral que suporá un investimento superior aos 1,7 millóns de euros. Unha cifra que para o PP “é unha mostra máis do firme compromiso da Xunta coa educación pública”.

As obras, que deron comezo recentemente, teñen un prazo de execución de 9 meses, e  permitirá modernizar estas instalacións educativas mellorando a súa eficiencia enerxética, o confort térmico e acústico, a accesibilidade e a calidade dos espazos. Ethel Vázquez e Rubén Lorenzo no IES Alfredo Brañas 03

En concreto, a intervención prevista pola Xunta no IES Alfredo Brañas inclúe a renovación das carpintarías exteriores, a mellora do illamento térmico, a instalación de sistemas de iluminación máis eficientes e a adecuación de espazos interiores e accesos ao edificio, reducindo así o consumo enerxético e contribuíndo á sustentabilidade ambiental. 

Comentarios