Axenda do FIOT para unha unha finde de humor e memoria

Víctor Mosqueira e Evaristo Calvo na inauguración da mostra Trinta anos de Mofa e Befa © Vanessa Rábade 28

Se a primeira fin de semana de Festival Internacional de Outono de Teatro de Carballo FIOT tivo un nome claro, o de Pedro Brandariz, esta segunda os grandes protagonistas son Mofa e Befa, que cumplen 30 anos estreando unha coprodución do propio festival. Pirolíticos estréase hoxe venres 7 ás 21:00h no Auditorio do Pazo da Cultura, dando o pistoletazo de saída á programa de Sala, da que sairá  o Premio do Público 2022.

Pero a finde trae moito máis, con propostas escénicas para os públicos e gustos máis diversos, onde non faltarán a diversión e a reflexión, o humor e a memoria. Na Rúa dos Contos chegan as "SEXperiencias en clave de humor".

SEXperiencias en clave de humor

Unha das citas máis singulares será arredor do formato ONDAFiot, que, a Escola do espectador nas ondas, que trae a Camilo Franco, Evaristo Calvo, Víctor Mosqueira, Tito Asorey e Xosé A. Touriñán. Un evento que será transmitido polo Diario Cultural da Radio Galega.

Tamén sábado 8 terá lugar a apertura do XII Ciclo OTNI (Obxecto Teatral Non Identificado), a liña de programación na que o público atopará as voces máis singulares do FIOT. Experimentación e innovación sen límites definen a proposta máis alternativa do festival, que comezará coa estrea en Galicia de ‘Beautiful Stranger’, da compañía navarra La Caja Flotante.

Ademais, o FIOT en ruta achegará o domingo 9 ao Centro Social de Verdillo ‘Facer Memoria’, de Berrobambán, na que a narradora e Xograresa de Outono Paula Carballeira recupera lembranzas de Carballo.

 

AXENDA FIOT VENRES 7 - MÉRCORES 12

Venres 7 de outubro

17.00 horas no Pazo da Cultura
Emisión en directo do Diario Cultural da Radio Galega.

19.30 horas na Praza do Concello
Teatro de Rúa
| ‘Carman’, de Javier Ariza. 

21.00 horas no Pazo da Cultura | Auditorio
Programa de Sala
| ‘Pirolíticos’, de FIOT e Producións Teatrais Excéntricas. (ESTREA ABSOLUTA)

22.15 horas no Pazo da Cultura | Auditorio
En paralelo
| Entrega do Premio Xograr de Outono 2022 a Evaristo Calvo (após a estrea de ‘Pirolíticos’).


Sábado 8 de outubro

13.00 horas no Pazo da Cultura | Salón Social
Onda FIOT | Escola do espectador nas ondas. Con Camilo Franco, Evaristo Calvo, Víctor Mosqueira, Tito Asorey e Xosé A. Touriñán.

20.30 horas no Pazo da Cultura | Auditorio
Programa de Sala
| ‘Pirolíticos’, de FIOT e Producións Teatrais Excéntricas.

20.45 horas no Pazo da Cultura | Salón de actos
Ciclo OTNI | ‘Beautiful Stranger’, de La Caja Flotante. (ESTREA EN GALICIA)

23.00 horas no Mercado municipal
Rúa dos Contos
| ‘SEXperiencias en clave de humor’, de Good Sex Maritxu (ESTREA EN GALICIA)
 

Domingo 9 de outubro

19.00 horas no Centro Social de Verdillo
FIOT en ruta | ‘Facer memoria’, de Berrobambán.

 

Mércores 12

19.00 horas no Centro Social de Ardaña
FIOT en ruta
| ‘Esas cousas marabillosas’, de Empatía Teatro.

 

 

NOVAS do FIOT 22

Máis novas do FIOT