Leo Bassi será unha das estrellas da nova edición da FIOT
- Mofa e Befa serán outros dos grandes protagonistas, sendo ademais Evaristo Calvo o escollido como Xograr de Ouro

Contamos xa os días para que chegue o 30 de setembro e volvamos poder disfrutar dun mes co Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo. A 31ª edición do festival teatreiro máis importante do país, contará con figuras internacionais como Leo Bassi, que volve á Costa da Morte despois das súas visitas por Corcubión e Vimianzo na pasada década.
A cita co irreverente clown italianoserá o 16 de outubro, coa estrea en Galicia de ’70 anos: Leo Bassi’, unha obra que seguro que nos fará reír e nos removerá por dentro. Bassi volve ademais 25 anos despois da súa estancia no propio FIOT, na que era a súa primeira actuación en Galicia. Naquela función chegou a sacar ao público á rúa, provocando o compromiso do FIOT coa sorpresa e a innovación.
Así actuou en Corcubión nunha gala por Palestina en 2012:
Mofa e befa e moito máis
Pero esta edición ten moitas máis sorpresas, como é a estrea absoluta da nova creación de Mofa e Befa, o dúo conformado por Víctor Mosqueira e Evaristo Calvo. , quen este ano recibe o galardón Xograr de Outono, que se entregará o 7 de outubro. A obra ‘Pirolíticos’, dirixida por Clara Gayo, e coa dramaturxia de Lucía Aldao, a propia Gayo e María Lado, fala sobre o patriarcado e contará cunha segunda función o sábado 8 de outubro.

Camiño Escena Norte regresa ao FIOT
Carballo volver ser sede neste 2022 do programa Camiño Escena Norte, un proxecto intercambio cultural promovido polas asociacións profesionais de artes escénicas de Galicia, Asturias, Cantabria, Euskadi e, como novidade este ano, Navarra. Precisamente desta última comunidade procede La Caja Flotante. A compañía de Ion Iraizoz visitará o FIOT o sábado 8 de outubro para estrear, no territorio galego, a súa creación ‘Beautiful Stranger’, unha comedia de autoficción existencial, ateigada de linguaxe cinematográfica, que aborda as múltiples identidades que poden convivir nunha mesma persoa. Nesta creación, que estará enmarcada no ciclo OTNI, Ion Iraizoz interprétase a si mesmo para tratar de reconstruír, coa complicidade do público, tanto a súa festa de aniversario, á que nomeou ‘O último martes antes de cumprir 40’, como as súas propias lembranzas.
A vindeira semana presentarase o programa completo do 31º FIOT.
NOVAS RELACIONADAS
- Febreiro 22: O FIOT, entre os 10 eventos culturais máis relevantes de Galicia.
- 2022: Cigarreiras, de Contraproducións, gaña o Premio do Público do #FIOT30.
- 2021: A rúa ten vida no FIOT de Carballo
- 2020: A innovación do #FIOTenpausa achegou o teatro ás novas xeracións.
- 2019: As impresionantes cifras do FIOT, a maior oferta teatral de Galicia.
- FIOT 2018: O FIOT, o maior festival de teatro de Galicia, pecha cun 98% de ocupación achegándose á mocidade.
- Setembro 2018: O FIOT recibe o premio da Cultura Galega de Artes Escénicas.
- 2012: Leo Bassi e Pallasos en Rebeldía rompen o muro da desinformación en Corcubión.