Sábado. 05.10.2024
El tiempo

O FIOT estreou a 31ª edición lembrando a Pedro Brandariz

Isabel Risco e Fran Rey na Gala Pedro Brandariz do FIOT
Isabel Risco e Fran Rey na Gala Pedro Brandariz do FIOT
O FIOT estreou a 31ª edición lembrando a Pedro Brandariz

Arrincou o FIOT, e fíxoo cunha fin de semana moi pensada para o público familiar, e unha emotiva homenaxe a Pedro Brandariz.

Os contos de William Shakespeare no FIOT31 © Vanessa Rábade
Os contos de William Shakespeare no FIOT31 © Vanessa Rábade

Na tarde do venres, a 31ª edición do Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo abrñia o telón dende a Biblioteca Rego da Balsa, coa estrea absoluta do espectáculo infantil "Os contos de William Shakespeare", da compañía Pedras de Cartón, enmarcado no ciclo de narración oral Rúa dos Contos.
Ao remate, as familias desprazábanse para non perder fío e aproveitar os malabares que función de "Poi", da compañía D'es Tro, realizaba na praza do Concello cos trompos e demais elementos.

A estrea, coproducida polo propio festival, de “Wombo Combo”, da compañía carballesa Galeatro, foi unha das citas familiares tamén máis esperada pola organización.

 Poi no FIOT31 © Vanessa Rábade
Poi no FIOT31 © Vanessa Rábade

Pero foi a do sábado, unha das noites máis especiais dos últimos tempos. A Gala en homenaxe a Pedro Brandariz xuntaba a unha ducia de artistas galegos. “Foi unha gala fermosa, con moita diversidade de propostas, con moito cariño, na que lembramos a Pedro en diferentes facetas, como algo moi especial para todos os asistentes”, explica Carmen Castro, a Directora artística do FIOT e técnica de Cultura de Carballo.
Isabel Risco e Fran Rei foron abrindo paso para que As fillas de Portaberta fixeran un espectáculo de danza, Antón Reixa un recital poético, Izquierdo Sisters tirase de improvisación, ea música de Pablo Diaz e Diana Sieira, ou as historias con Marta Iglesias, Tito Rober, Víctor Grande, e Caxoto.

Gala Pedro Brandariz FIOT 2022 2
Foto de familia da Gala por Brandariz

Ademais do mercado, a fin de semana tamén se completou nos establecimentos de hostalería, “Volvemos aos bares”, recoñecía satisfeita Castro, que valou tamén a Gala de Improvisación de NOGA e a constitución da Asocición de Narradores Orais celebrada no marco do festival.

Esta semana volveremos traer a axenda.

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios