Sábado. 05.10.2024
El tiempo

O FIOT, entre os 10 eventos culturais máis relevantes de Galicia

DejasVu no FIOT 308084
O FIOT, entre os 10 eventos culturais máis relevantes de Galicia

Novo recoñecemento para o Festival Internacional Outono de Teatro - FIOT de Carballo. O meirande evento cultural da Costa da Morte entra no top 10 dos proxectos culturais máis relevantes de Galicia no ano 2021. Así o entende a Fundación Contemporánea e o Observatorio da Cultura, que veñen de presentar as súas conclusións dun estudio, “O mellor da cultura”, realizado entre 358 profesionais dos ámbitos público, privado e independente, e froito das súas valoracións coñecemos.

A lista comeza cos programas continuos do Teatro Rosalía de Castro, pasa pola Cidade da Cultura, Cineuropa, ou o Centro Galego de Arte Contemporánea, bota un ollo ao Festival de Cans, ao Culturgal-Feira das Industrias Culturais, ao Festival Sinsal de San Simón de Redondela, a Mostra de Cinema Periférico A Coruña ou a Real Filharmonía de Galicia. Na 9ª praza atópase o noso FIOT, por diante ademais do Festival de Teatro de Rivadabia.

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios