Mércores. 09.10.2024
El tiempo

A rúa ten vida no FIOT de Carballo

FIOT FOnico en Carballo 2021
Así foi a estrea do FIOT Fónico. Fotos de Vansessa Rábade
A rúa ten vida no FIOT de Carballo

Outra fin de semana de festa cultural en Carballo. A vila bergantiñá volveu converterse na capital do teatro galego cunha nova ondada de actividades arredor do Festival Internacional de Outono de Teatro FIOT. O ambiente, san e divertido, encheu espazos como o Mercado Municipal, o Auditorio do Pazo da Cultura, o Casino 1889 ou as carpas da rúa Jacinto Amigo e a Praza do Concello.

Varias estreas fixeron ademais desta unha semana especial. A máis singular foi a estrea absoluta de “O espello que arde”, o proxecto protagonista da segunda edición do FIOT Fónico. Falamos desa liña do FIOT que mete o teatro nas novas tecnoloxías usando ademais o espazo urbano como un personaxe máis da trama. Neste caso, a organización pediulle a María Lado que escribise a obra, neste caso un relato “negro” cun crime por resolver, que dirixe Marcos PPT, ca produción de Quico Cadaval, e o malpicán Santi Romay entre o elenco de voces.

Non puido estar María Lado na estrea por estar metida na rodaxe dunha curta, pero recoñeceu que espera que esta idea do FIOT Fónico perdure no tempo porque é “unha cousa moi divertida e moi bonita de escribir”. De feito, a obra segue o fío do espectáculo de Rosalía Fdez. Rial do ano pasado, neste caso “Leo”, o personaxe que fai Santi Romay e que dá moito xogo na trama.

Pola súa parte, o malpicán Santi Romay está "moi contento" de participar de novo no proxecto. "Para min participar no FIOT, é un privilexio. Un festival cercano para min, non tanto pola situación xeográfica, senón polo cariño recibido pola organización e o público participante. O FIOT Fónico non deixa de ser un formato diferente, onde á parte actoral só está presente a través da voz e é o espectador quen pon o percorrido por onde transcuriron os feitos, quen leva a acción en sí, entendida como movemento. A temática desta segunda edición decántase mais cara o thriller, o misterio. O meu personaxe, Leo, volve aparecer creando un spin-off da primeira historia creada por Rosalía Fdez. Rial o ano pasado. Pode ser que nesta segunda edición a historia vaia máis enlazada, e non haxa largos paseos dun punto a outro de Carballo sen acción narrada", explica.
En calquera caso, explica que "non deixa de ser un exercicio de gran concentración para o espectador, pois non se atopa nun espacio habilitado especificamente para as artes escénicas, senón na propia rúa, rodeado da inmensidade sonora que hai ao redor (coches, nenos, son ambiental, etc...)".

Durante estas fins de semana (os venres e sábados de outubro, ás 19.00 e 20.00h, así como os domingos e festivos do mes (día 12), ás 13.00 e 19.00h) podes descargar a APP “Concello de Carballo” e vivir a obra cun pasco acompañado dun “guía”, pero tamén podes ir disfrutar do espectáculo pola túa conta.

Moito máis

Teatro na Rua no FIIT
Espectáculos da fin de semana. Fotos de Vanessa Rábade

A fin de semana tivo moito máis, como as dúas exitosas estreas da Rúa dos Contos, con Ángela Triana no Espazo Xove de Carballo; A parábola do anganzo, de Talía Teatro; as citras de Arantxa Treus no Casino co seu “Sexo débil, o carallo!” ou os “Camiños” de Paula Carballeira no Mercado.

A estrea de “Déjà vu”, peza gañadora do FETEN 2021 foi a máis esperada da prestixiosa programación de Sala.

DejasVu no FIOT 308084
Deja Vú en escea-Foto: Vanessa Rabáde

Selfies no FIOTAuditorio de Carballo no FIOT-Foto-Vanessa Rabade
Fotos no auditorio de Vanessa Rábade
 

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios