Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A coprodución carballesa ‘Wombo Combo’ de Galeatro, exemplo da aposta polo talento local no FIOT

wombocombo-3
A coprodución carballesa ‘Wombo Combo’ de Galeatro, exemplo da aposta polo talento local no FIOT

Arrinca este venres 30 de outubro o Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo 2022. O #FIOT31 volve demostrar o compromiso coa creación escénica galega e faino, principalmente, coa coprodución de ‘Wombo Combo’, o novo espectáculo da compañía carballesa Galeatro, e da obra “Pirolíticos”, de Mofa e Befa.

Para ver a “Pirolíticos” toca esperar ata os 7 e 8 de outubro, a estrea absoluta de “Wombo Combo” será precisamente este domingo 2 de outubro ás 18:00h no Pazo da Cultura acollerá o domingo 2 de outubro, e trátase dunha da peza, dirixida ao público infantil e que aborda o acoso escolar a través dunha dramaturxia asinada por Paula Carballeira, xa recocida como Xograresa de Outono dende 2010.

Presentacion-Wonbo-Combo no FIOT Carballo
Imaxe da presentación oficial

A obra da primeira compañía de teatro profesional carballesa, achéganos ao acoso escolar e á realidade virtual que invade cada vez máis a vida da rapazada. As vidas real e virtual confúndense nesta obra protagonizada por Alba Bermúdez, Tone Martínez y Mario Rodríguez e dirixida por Davide González e que se enmarca tamén na programación especial dirixida á cativada: Fiotiño.

O festival referente en Galicia ratifica así a súa vontade de difusión e dinamización teatral, visibilizando artistas emerxentes, xerando propostas, producindo, con residencias, servindo de marco para a presentación e estrea de novos espectáculos, ou apostando por formatos novedosos como o fai a través do Certame de Micro-Escenas Metro Cadrado.

As entradas para o espectáculo, recomendado para maiores de 5 anos, están dispoñibles a través da plataforma web www.ataquilla.com.
Antes, nas mañás dos días 28 e 29 de setembro, o alumnado de Educación Primaria da comarca de Bergantiños terá ocasión de gozar da preestrea da peza no propio recinto cultural carballés. En total, polo Pazo de Cultura de Carballo pasarán máis de 350 nenas e nenos de todos os centros escolares da vila.

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios