Axober organiza unha xornada gratuíta de ciberseguridade dirixida a pemes e autónomos no Fórum Carballo

A Asociación de Empresarios de Bergantiños (Axober) organiza o vindeiro mércores 4 de xuño ás 19:00 h no Fórum Carballo unha xornada formativa centrada na ciberseguridade, un tema cada vez máis relevante para o tecido empresarial.
A actividade, de carácter gratuíto, está especialmente dirixida a pequenas e medianas empresas e persoas autónomas, co obxectivo de ofrecerlles información actualizada sobre as principais ameazas dixitais ás que poden estar expostas, así como boas prácticas para previr ataques informáticos.
A xornada contará coa participación de tres poñentes de primeiro nivel:
- Alberto González, Xefe do Equipo de Asesoramento, Prevención e Resposta en materia de Ciberdelincuencia da Garda Civil da Coruña.
- Martín González, Responsable de Comunicación da empresa galega Cloud.gal, especialistas en solucións cloud e ciberseguridade para empresas.
- Víctor Salgado, avogado experto en dereito dixital e protección de datos, cunha ampla traxectoria asesorando empresas sobre cumprimento normativo no entorno dixital.
“O noso obxectivo é que as empresas da comarca conten coa información e as ferramentas necesarias para manter unha boa saúde dixital e previr calquera tipo de ataque que poida afectar á continuidade dos seus negocios”, destacan desde Axober.
Ao rematar o encontro, as persoas asistentes poderán desfrutar dun aperitivo pensado para favorecer o networking entre profesionais e empresas da comarca.
As prazas son limitadas o aforo do salón, e xa é posible realizar a inscrición a través da web oficial da asociación: www.axober.org