mércores. 19.03.2025
El tiempo

Axober presenta a súa nova imaxe corporativa en plena expansión

axober-ouvea
O deseñador de Ouvea Óscar Vázquez e o presidente de Axober Diego Iglesias Martínez
Axober presenta a súa nova imaxe corporativa en plena expansión

A Asociación de Xoves Empresarios de Bergantiños vén de presentar a súa nova imaxe corporativa. A entidade, que vive un momento de espansión (suman un 30% máis de socios nos últimos meses e veñen de adherise, como paso estratéxico á Confederación de Empresarios da Coruña (CEC)), presenta esta nova liña para seguir "apoiando e impulsando ás empresas locais para contribuír ao seu crecemento e competitividade".

Entenden esta nova marca, creada polo deseñador carballés Óscar Vázquez, de Ouvea, "como unha imaxe máis lexible, cercana e versátil, pensada para medrar e adaptarse aos novos desafíos empresariais". Entre as novidades destaca o deseño do noso novo isologo, no que se elimina o uso de maiúsculas e se introduce unha tipografía exclusiva que convive coa letra ‘x’. "Esta letra non só é un símbolo gráfico, senón que representa o espazo de confluenza onde persoas, empresas, plantexamentos e opinións converxen

Comentarios