Axober renova ao completo a súa directiva
Diego Iglesias Martínez substitúe a Isidro Varela Bardanca como presidente da Asociación de Xóvenes Empresarios de Bergantiños

Nova etapa para a Asociación de Xóvenes Empresarios de Bergantiños (Axober). Esta semana afrontaba a renovación ao completo da xunta directiva na asemblea xeral celebrada neste mes de maio.
Diego Iglesias Martínez substitúe a Isidro Varela Bardanca como presidente da entidade, á que se incorporan un bo número de empresarios e empresarias dos sectores máis diversos.
A composición da nova xunta directiva é a seguinte:
- Presidente: Diego Iglesias Martínez (DonCLIC Soluciones Tecnológicas SL)
- Vicepresidente: Mario González Cancela (Jocar Diseño SL)
- Secretaria: Rebeca Carrillo Pérez (Idunn Salón de Belleza)
- Tesoureiro: Marcos Díaz Molk (Grupo Dimolk)
- Vogais: María Magdalena Lamas Blanco (Agropecuaria Nela SL), Juan José Canosa Rey (Nordes Tech SL), Lucía Graña Aller (Tempo Social Traning SL), Salvador Ferreiro Negreira (Aper Seguridad SL) e Iván Barreiro Cotelo (Alquileres Reneymar SL).
Diego Iglesias agradeceu o traballo desenvolvido polas anteriores directivas de Axober e pediu a implicación non só dos seus compañeiros e compañeiras da xunta actual, senón do empresariado carballés en xeral, para seguir apostando polo traballo en conxunto e poñendo en valor a fortaleza do sector no noso concello. Neste sentido, a Asociación de Xóvenes Empresarios de Bergantiños ten as portas abertas a novas incorporacións, ao tempo que empeza a traballar nos proxectos que se porán en marcha nos próximos meses.