sábado. 28.06.2025
El tiempo

O Balneario de Carballo entra na xunta directiva da Asociación de Balnearios de Galicia

O Balneario de Carballo entra na xunta directiva da Asociación de Balnearios de Galicia

A Asociación de Balnearios de Galicia vén de celebrar a súa asemblea anual na Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela. No transcurso da xuntanza, anunciouse a celebración dun acto a finais de ano, con motivo do 40º aniversario do organismo e tamén se renovou parcialmente a súa Xunta Directiva, na que unha das novidades é que entra o xerente do Balneario de Carballo.

Estes son os membros da nova xunta directiva da Asociación de Balnearios de Galicia:

  • Presidenta: Marisol Espiño (xerenta de Termas de Cuntis)
  • Secretario: Vincent Boyer (director comercial de Caldaria Hoteles y Balnearios)
  • Tesoureiro: José Ramón Fernández (xerente do Balneario de Carballo)
  • Vogal: Carmen Garaloces (directora de Calidade do Balneario de Lugo - Termas Romanas)
  • Vogal: Laura Gómez (directora médica do Balneario de Mondariz)
  • Xerente: Benigno Amor

Comentarios