Domingo. 06.10.2024
El tiempo

A Banda de Gaitas ‘Irmandade’ do Centro Valle Miñor de Montevideo visitará Laxe e Carballo

Banda de Gaitas Irmandade del Centro de Valle Miñor de Montevideo (Uruguay)
Banda de Gaitas Irmandade del Centro de Valle Miñor de Montevideo (Uruguay)
A Banda de Gaitas ‘Irmandade’ do Centro Valle Miñor de Montevideo visitará Laxe e Carballo

A Banda de Gaitas ‘Irmandade’ do Centro Social Cultural e Deportivo de Bolos Valle Miñor en Montevideo (Uruguay) ofrecerá unha xira de actuacións por Galicia no mes de setembro para celebrar os 20 anos da súa fundación, cando foi creada por descendentes de emigrantes galegos co obxectivo de continuar coa tradición musical dos seus pais e avós e promover a gaita tradicional galega.

Nesta Xira 20 Aniversario a banda actuará en varias localidades da Coruña e Pontevedra: Gondomar (10 de setembro), Nigrán (11 de setembro), Baiona (12 de setembro), Porriño (13 de setembro), Laxe (14 de setembro), actuación no programa ‘Luar’ de TVG (15 de setembro), Barro (16 de setembro) e Carballo (17 de setembro).

Os membros da banda que participarán nesta xira por terras de Galicia son: Carlos González (gaita), Matías Lorenzo (gaita), Natalia Sanabria (gaita), Alejandra Larrea (gaita), María Eugenia Martínez (tambor), Andy Penna (tambor), Carolina Simoes (bombo), Andrea Méndez (pandeireta), Ana Lina Rey (pandeireta), Vitoria Peña (pandeireta), Adriana Fernández (pandeireta), Delfina González (cunchas) e como músico invitado, Fernando Vilariño (tambor).

Máis novas sobre a diáspora

Comentarios