xoves. 07.11.2024
El tiempo

A Banda de Gaitas ‘Irmandade’ uníu Bergantiños co Uruguai en clave de foliada

Foliada Carballo-Uruguai 3
A Banda de Gaitas ‘Irmandade’ uníu Bergantiños co Uruguai en clave de foliada

Fermosas festas tradicionais a que protagonizaron os membros da Banda de Gaitas ‘Irmandade’ do Centro Social Cultural e Deportivo de Bolos Valle Miñor en Montevideo (Uruguai) tanto en Laxe como en Carballo.

A praza do centro carballés converteuse este domingo nunha gran foliada, onde coa axuda de músicos locais, fixeron as delicias dos amantes da música tradicional.

A entidade celebra con esta xira por toda Galicia (pecharon en Carballo pero estiveron tamén por Gondomar, Nigrán, Baiona, Porriño ou mesmo no Luar) os seus 20 anos de historia.

Foliada Carballo-Uruguai 4

Os protagonistas foron: Carlos González (gaita), Matías Lorenzo (gaita), Natalia Sanabria (gaita), Alejandra Larrea (gaita), María Eugenia Martínez (tambor), Andy Penna (tambor), Carolina Simoes (bombo), Andrea Méndez (pandeireta), Ana Lina Rey (pandeireta), Vitoria Peña (pandeireta), Adriana Fernández (pandeireta), Delfina González (cunchas) e como músico invitado, Fernando Vilariño (tambor).

Foliada Carballo-Uruguai 2

MÁIS NOVAS SOBRE A DIÁSPORA

Comentarios