Xoves. 02.05.2024
El tiempo

Os bares de Carballo reciben pintas de ciencia

Pint of Sciencie-Carballo 2024
Pint of Sciencie-Carballo 2024
Os bares de Carballo reciben pintas de ciencia

"Pint of Science", o festival de divulgación científica que propón un encontro entre investigadores/as e público nos bares, chega por primeira vez a Carballo. O concello será un dos 65 de toda España que encherá os bares de ciencia os días 13, 14 e 15 de maio, nun evento que se celebrará de xeito simultáneo en máis de vinte países de todo o mundo.

En Carballo haberá tres establecementos colaboradores e un nutrido grupo de investigadores e investigadoras cuxas identidades irán dando a a coñecer dende o Concello nos vindeiros días. 
Por agora, sabemos que o equipo organizador está formado por Iván Andrade Tasende, concelleiro de Innovación, Fondos europeos, Formación,
Emprego e Axenda Urbana; Verónica Bolón Canedo, enxeñeira e doutora en Informática, investigadora e experta en IA, e Cristina Abelleira Martínez, responsable de comunicación do Concello de Carballo.

En España, a iniciativa articúlase desde a “Asociación de Divulgación Científica Pint of Science España”, creada co propósito de organizar este festival, e con sede social na localidade de Mojácar (Almería).

Comentarios