As Bibliotecas sobreviven aos protocolos
11:10 04/08/20
Moitas aínda están pechadas. Outras intentan sobrevivir ao covid-19 e aos seus protocolos que complican a súa vida normal. Como fai a Biblioteca de Carballo, que se ben durante os 4 meses de confinamento se mantivo activa con máis de 1.600 préstamos e devolucións e 58 altas na plataforma de libro electrónico GaliciaLe, quere volver latexar.
Por iso, durante o mes de agosto poderás utilizar a Biblioteca Rego da Balsa de 10:30 a 13:30 horas de luns a venres e de 10:00 a 13:00 os sábados, e a do Museo, de 09:00 a 14:00 horas de luns a venres, pero sempre con reserva previa.