Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A Big Band abriu a xira do 30º aniversario do CMUS

Concerto do Conservatorio de Carballo do 30 aniversario
Concerto do Conservatorio de Carballo do 30 aniversario
A Big Band abriu a xira do 30º aniversario do CMUS

Un concerto da Big Band abriu o programa conmemorativo do 30º aniversario do Conservatorio Profesional de Música de Carballo. O alumnado de Javier Bardanca, ao que se sumaron algúns/has colaboradores/as, interpretou un repertorio moi variado e animado, que incluíu clásicos do xénero como “Oye como va”, bandas sonoras como “Star Wars” ou “Pink Panther” ou auténticos himnos como “Imagine”. E ademais houbo actuacións sorpresas, como a interpretación de “Habana” que fixo Inés Bardanca por partida dobre, porque volveu a cantala nos bises, ou a de “Purple Rain” que nos ofreceu Samuel Quiroga, que, ademais de tocar o piano, púxolle voz (vozarrón) ao coñecido tema de Prince.

A de onte foi a primeira de moitas que se sucederán ao longo de todo o curso. O venres, de feito, arrinca en Sofán un ciclo de concertos do alumnado do Conservatorio nos centros sociais das parroquias. A

Máis información:


 

Comentarios