Martes. 19.03.2024
El tiempo

O Conservatorio leva a música polas parroquias polo seu 30 aniversario

CMUS Carballo
Imaxe da Big Band o CMUS Carballo
O Conservatorio leva a música polas parroquias polo seu 30 aniversario

30 anos cumple o Conservatorio Profesional de Música de Carballo. E para celebralo, co ánimo de abrirse á veciñanza, arrinca este vindeiro 30 de xaneiro un ciclo concertos nos centros sociais das parroquias.

Sofán, Verdillo, Ardaña, Cances, Imende-Noicela, Oza e Bértoa recibirán as demostracións de todo o que aprenderon este cursos os 201 alumn@s do centro.

O ciclo comeza en Sofán este xoves 30 de xaneiro, ás 20:00h, para continuar a serie de concertos durante os meses de febreiro, abril e maio, quedando aínda pendente de fixar a data de Bértoa, pois coincidirá coa inauguración do novo centro social.

Concertos do CMUS polas parroquias de Carballo

Ademais da ruta polas parroquias, o alumnado do CMUS tamén ofrecerá este curso numerosas actuacións no auditorio do Pazo da Cultura, a primeira, este mesmo xoves 23 de xaneiro, mesmo ás 20.00 horas, a cargo de estudantes de frauta. Unha conferencia sobre os 30 anos de historia do CMUS e unha semana musical, entre outras actividades, completarán o programa do aniversario.

Comentarios