O BNG denuncia o estado de ruína do edificio da antiga Cámara Agraria de Carballo
Xa en xaneiro o BNG reclamaba á Xunta no Parlamento galego unha solución á situación de ruína no que se atopa o edificio da antiga Cámara Agraria de Carballo, situado no corazón do barrio da Milagrosa. Unha denuncia que reiteraba onte o deputado Daniel Pérez no Parlamento Galego, lembrando que é un perigo polo risco elevado de desprendemento de cascotes, cristais de fiestras e mesmo tellas.
Un asunto que vén de 2013, cando o pleno carballés aprobara, por unanimidade, a posibilidade de permita da titularidade do edificio. Dende esa, a Xunta "leva anos sen acometer a máis mínima actuación”
Pérez recordou que "ademais racha coa estratexia de revitalización urbana e de dinamización comercial desenvolvida polo concello nunha zona que xoga un papel importante como escaparate da localidade".