Martes. 16.04.2024
El tiempo

O BNG pide a reforma integral do antigo edificio da antiga Cámara Agraria de Carballo

BNG Carballo camara_agraria
O BNG pide a reforma integral do antigo edificio da antiga Cámara Agraria de Carballo

Está que cae o antigo edificio da antiga Cámara Agraria de Carballo. De aí a decisión do BNG de presentar dúas preguntas e unha proposición non de lei no Parlamento para que a Xunta adopte “de forma inmediata as actuacións que sexan necesarias no antigo edificio da antiga Cámara Agraria de Carballo, sito na Avenida da Milagrosa, para solucionar o perigo certo que supón o estado do mesmo para a seguridade e integridade física das persoas.”

Así o sinalou o deputado Daniel Pérez, xunto ao alcalde, Evencio Ferrero, e a concelleira de Planificación, Milagros Lantes. Pérez incidiu no emprazamento da antiga Cámara Agraria, xunto a un parque infantil, á capela da Milagrosa, á zona na que se celebran as feiras dominicais e ao centro social Escola de Arrabaldes, que vén de ser acondicionado polo Concello de Carballo dentro dun amplo plan de rexeneración do barrio que se vén desenvolvendo nos últimos anos.

O alcalde de Carballo lembrou que xa no 2013 a corporación municipal adoptou un acordo unánime instando á Xunta a ceder o inmoble ao Concello para proceder á súa demolición e recuperar o espazo que ocupa para a cidadanía. Tamén comentou que no pasado mes de outubro un técnico de Patrimonio da Xunta de Galiza achegouse ata Carballo para revisar o estado do inmoble, pero, aínda que se descoñece o contido do seu informe.

Comentarios