mércores. 30.04.2025
El tiempo

BNG e PP coiciden na necesidade de crear un cuarto Xulgado en Carballo pero votan diferente no Parlamento

Ruben Lorenzo PP e  Daniel Perez Lopez BNG no Parlamento Galego
Rubén Lorenzo e Daniel Pérez no Parlamento Galego
BNG e PP coiciden na necesidade de crear un cuarto Xulgado en Carballo pero votan diferente no Parlamento

Parece evidente a necesaria mellora das condicións dos Xulgados de Carballo. Saturados polo aumento de casos (aumentou un 15% do 22 ao 23, e actualmente é un 62% máis elevado que en 2017), as tras salas dos Xulgados carballeses non dan feito.

Ante esta situación, denunciada polos profesionais, o BNG presentaba unha Proposición non de Lei, para instarlle ao Parlamento Galego a creación de forma urxente dun Xulgado de Primeira Instancia e Instrución no partido xudicial de Carballo. Apunta a PNL que mentres e amplía a planta xudicial, se deberían implantar “medidas de reforzo” que permitan axilizar os tempos de resolución dos procedementos.

O deputado carballés Daniel Pérez lembrou que o asunto é evidente dende hai dous anos e que a día de hoxe “facer unha tramitación para casar en Carballo é complicado”.

Por parte do PP, respondeu o tamén carballés Rubén Lorenzo, que lembrou que xa a Comisión Mixta de Xustiza, formada polo TSXG e Consellería de Presidencia, xa solicitou ao Ministerio a creación de 12 novas salas, entre elas a 4ª sala carballesa, pero que foi rexeitada por segunda vez polo Ministerio.
Despois de lanzar arengas estatais en materia de corrupción ao PSOE, criticou a postura do BNG “bravos aquí e sumisos en Madrid”, lembrando os 3 xulgados prometidos para 2024 no acordo de investidura de Pedro Sánchez pero que non se fixeron realidade.

Con todo, e malia votar en contra da PNL presentada polo BNG, Lorenzo recoñeceu que os tres Xulgados de Carballo están ao límite, sobre todo o Xulgado nº1, o encargado de temas de violencia de xénero, pero descartou “o colapso”, sinalando que “o plantel é axeitado”, e que “non hai falta de xestión”. É máis, Lorenzo tamén demandou a creación do cuarto xulgado e dotar dos reforzos puntuais mentres non se amplía a planta.

A voceira socialistas, a carballesa Patricia Iglesias, confirmou o voto positivo á moción do BNG, respondeu en clave de Zaplana á acusación de corrupción do e lembrou o bloqueo do PP á renovación do Consejo General del Poder Judicial.

Rescate da AG55

Tamén volveu ao Parlamento, vía BNG, que lembrou a Andaina da Dignidade pola Autovía do vindeiro 26 de outubro, o necesario rescate da AG-55 e da AG-57 para por fin á “escandalosa discriminación” entre territorios.

Máis novas

Comentarios