A Bolsa de Traballo de Carballo reabre con cita previa

Xa o explicaba o alcalde nos #DirectosQPC, que a posibilidade de realizar teletraballo dependía de que nos acostumemos a utilizar as dependencias municipais con cita previa. Así volve á actividade a Bolsa de Traballo do Concello de Carballo, que malia manterse sempre activa, volve atender con cita previa para as persoas demandantes de emprego
As persoas demandantes de emprego que desexen inscribirse ou realizar algunha modificación no seu currículo poden pedir a cita a través do correo electrónico bdt@carballo.gal ou chamando por teléfono aos números 981 709 011 ou 981 709 010. Para o intercambio de información (vida laboral, DNI, diplomas de cursos, títulos...) tamén hai dúas opcións: ou ben enviala a través do correo electrónico ou ben achegala o día da entrevista nas oficinas municipais do Fórum Carballo. O día e a hora da cita confirmaranse a través do mesmo medio polo que se solicite (correo electrónico ou teléfono).
Novas relacionadas
- Maio 2020: O paro na Costa da Morte achégase á cifra de xaneiro de 2009, a peor cifra da serie histórica.
- TraballarnaCosta: “A xente da Costa da Morte precisa un espazo onde informase das ofertas desta zona”.
- Traballarnacosta, o Infojobs da Costa da Morte.