Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A Cabalgata carballesa percorrerá 11 km e toda a rede

Reis Magos Cabalgata Carballo
Así foi a Cabalgata o ano pasado
A Cabalgata carballesa percorrerá 11 km e toda a rede

Ademais de fardar de roscón de Reis, Carballo prepárase para a gran Cabalgata dos Reis Magos. Coa colaboración dos servizos municipais de Protección Civil, Policía Local e Brigada de Obras, así coma da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil e dos Bombeiros de Carballo, a cabalgata sairá o día 5 ás 17.30 horas do Centro Comercial Bergantiños-Gadis Híper.

No seu percorrido pasará pola avenida Ponte da Pedra, a avenida de Malpica, Pedra Furada, rúa Mirtos, Fábrica, avenida das Flores, Rosas, Begonias, Camelias, Xasmíns, avenida da Cristina, Poñente, Luis Calvo, Alexandre Bóveda, avenida de Fisterra, Río Anllóns, avenida da Milagrosa, rúa Compostela, A Brea, Cemiterio, rúa Verdillo, Sol, Martín Herrera (parada na igrexa parroquial), Jacinto Amigo, Gran Vía, Doutor Fleming, avenida de Bergantiños, Vila de Ordes, Vila de Noia, Vila de Corcubión, Gran Vía, Vázquez de Parga, Camiño Novo, Ponte, Perú, Enrique Sánchez, Ánxel Fole, Valle-Inclán e Colón, onde rematará.

Serán 2 horas para percorrer os 11 km, rematando na recepción oficial nos baixos da Casa do Concello, onde haberá unha carpa con música para crianzas.

As persoas que queiran saber en que punto se encontran as carrozas reais en cada momento ou que queiran seguir a cabalgata en streaming poderán facelo a través da plataforma www.carballoenrede.com.

Máis novas de Nadal

Comentarios