Calcinada a maquinaria agrícola dunha granxa en Sísamo

23:00 23/11/18

Este pasado mediodía de venres 23 de novembro, os Bombeiros de Carballo desprazábanse ata o lugar de Pordiños, en Sísamo, Carballo, onde se rexistraba un incendio nun alpendre.
Corrían as 14:00h e o incendio tiña lugar nun lateral do alpendre onde as máquinas agrícolas que se atopan nesa zona están en lapas por completo. Ademais o lume xa afectara a cuberta que xa se atopaba colapsada.
Os Bombeiros extinguiron o lume declarado e protexeron un lateral do alpendre onde se atopaba un depósito de mil litros de gasóleo e no outro lado do alpendre se atopaban varias máquinas agrícolas estacionadas.
Na intervención ningunha persoa resultou ferida, só houbo danos materiais.
