Venres. 26.04.2024
El tiempo

Un Calendario de Movidas Carballesas para o 2023

Calendario de Movidas Carballesas 2023
Un Calendario de Movidas Carballesas para o 2023

O grupo de artistas carballesas Movidas Lab vén de sacar un singular calendario para o 2023. Lembrando curiosidades como os concertos de Bad Geal en Beos ou de Fary en Bértoa, a última nevada na capital bergantiñá… o Calendario de Movidas Carballesas recolle datas históricas e de cultura popular de Carballo.

O deseño do calendario está inspirado nas revistas adolescentes dos 90 e os 2000. “Queríamos evocar unha Súper Pop ou unha revista Bravo, esas publicacións que nos traen tantos recordos e que mostran a nosa esencia millennial”, explica.

E a base de collage, coma se fosen as carpetas do instituto, lanzan esta proposta con xugosos comentarios.

”Gustaríanos que o calendario sirva como punto de encontro para que a xeración máis nova e máis adulta se pregunten mutuamente polo acontecementos ós que se fan referencia, que a xente se divirta e presuma de ser de onde é”.

De momento, o calendario poderá reservarse a partir a través da web https://movidaslab.es/tienda co seu prezo en preventa de 15€ e poderá recollerse no evento que celebrarán no Casino de Carballo o venres 9 ás 19.30. A partir dese día poderá atoparse noutros puntos de venta.

Comentarios