Venres. 29.03.2024
El tiempo

A campaña de Sempre Carballo move medio millón de euros en economía circular

sempre_carballo_establecemento_adherido
Os establecementos adheridos á campaña Sempre Carballo teñen no escaparate este distintivo
A campaña de Sempre Carballo move medio millón de euros en economía circular

Ata o 15 de novembro segue aberto o prazo de solicitude para facerse co bono-tarxeta de 30€ para gastar nos comercios de Carballo. A campaña Sempre Carballo segue aumentando e xa son case a metade dos carballeses os que queren participar nesta iniciativa que moverá arredor do medio millón de euros dentro da vila carballesa, facendo un exercicio práctico e real de economía circular.

É certo que a cifra de establecimentos adheridos non foi a esperada (apenas un 10% dos autónomos ou microempresas do termo municipal participan), pero a resposta da veciñanza si que foi moi potente. Xa son máis de 15.000 as tarxetas validadas, e

Os usuarios poden acceder a semprecarballo.gal para ver os establecimentos adheridos, ou irse fixando nos escaparates para dar ca etiqueta adhesiva que os identifica como participantes da campaña.
Hai 272 negocios, e representan a todo tipo de sectores: arranxos, bar e cafetería, bazar, bebidas, carpintaría, maquinaria agrícola, restaurantes, nutrición, papelería, taller mecánico, beleza, saúde...

Tes ata o 30 de novembro para facer o gasto.

Novas relacionadas

Comentarios