Xoves. 09.12.2021
El tiempo

A campaña Sempre Carballo moveu internamente máis de medio millón de euros

Tarxeta bono Sempre Carballo
A campaña Sempre Carballo moveu internamente máis de medio millón de euros

Comparte hoxe o Concello de Carballo as cifras da campaña de reactivación económica Sempre Carballo. Foron un total de 18.045 carballeses e carballesas os que utilizaron os bonos-tarxetas cargados con 30€ municipais, para investir nos 262 establecimentos adheridos á campaña. Precisamente foi ese dato, a presencia só dun 10% dos autó[email protected] e pequenas empresas, o único punto débil da iniciativa.

Porque @s [email protected] realizaron 22.618 compras coas tarxetas, chegando ao 95,4% dos negocios adheridos. Unha cifra que supón o movemento circular de 525.902 euros. “Estamos seguros de que esa cantidade duplicouse ou triplicouse, pero o máis importante, dende o noso punto de vista, non é tanto ese importante movemento económico nunha época concreta, senón o feito de que o comercio e as empresas locais poidan fidelizar a súa clientela e captar á poboación máis nova converténdose nunha alternativa ás grandes superficies e á venda online”, destaca o concelleiro de Promoción Económica, Xosé Regueira.

O Concello lamenta que o ocio nocturno estea “doblemente prexudicado porque durante as datas de desenvolvemento do programa estivo pechado por mor da crise sanitaria e así continúa”.

comentarios