Venres. 03.05.2024
El tiempo

A campaña de trampeo captura máis de 8.000 raíñas de velutina en dous meses

Isisdro Rodriguez charla velutina  sisamo Carballo
Isidro Rodríguez nunha charla en Sísamo
A campaña de trampeo captura máis de 8.000 raíñas de velutina en dous meses
Poucos Concellos arrincaron este ano ca campaña de trampeo contra a velutina Un deles é Carballo, que fai balance dos dous primeiros meses de traballo do servizo municipal de control de pragas iniciativa municipal en colaboración coa Asociación Galega de Apicultura (AGA), e con 221 veciñ@s como alicerce fundamental na loita contra a especie invasora.

Nos dous primeiros meses da campaña de trampeo foron capturadas 8.164 avespas.

Dende que se puxo en marcha a campaña anual tamén se repartiron 1.174 trampas e 1.072 litros de líquido atraente, todo de balde.

Mentres, a iniciativa tamén dá charlas da man do responsable do servizo, Isidro Rodríguez, que explica dun xeito moi ameno tanto os prexuízos da avespa asiática para a cría de abellas e a produción de mel como as medidas para previr picaduras, o xeito de preparar unha trampa caseira ou como participar na campaña de trampeo, entre outros aspectos.

Lembra que os avisos dos niños que poidan ir aparecendo deben tramitarse a través do teléfono da Xunta de Galicia 012.

Novas relacionadas

Comentarios