Venres. 26.04.2024
El tiempo

Poucos Concellos arrincan a campaña contra a velutina

presentacion-campana-trampeo-velutina Zas
Presentación da campaña de trampeo en Zas
Poucos Concellos arrincan a campaña contra a velutina

Non todos os Concellos axudan á veciñanza na loita contra a invasión da vespa velutina. De ía a importancia de poñer en valor aos Zas, Carballo, Camariñas, Laracha, Cabana, ou Coristanco. Despois do arrase de me e froita do pasado outono, cómpre ademais prestarlle a máxima atención e a campaña de trampeo de raíñas (entre marzo e maio) é a fundamental para evitar a formación de niños de cara ó verán.

En Zas

O Concello de Zas abre a cuarta campaña de trampeo, como anunciou nunha reunión celebrada esta semana. O Concello repartirá trampas e líquido atraínte entre aqueles veciños e veciñas que o soliciten. “O obxectivo é reducir o número de niños nun momento clave como este que é cando as vespas comenzan a súa actividade despois do letargo invernal”, sinalou o Alcalde de Zas, Manuel Muíño Espasandín.

Toda a xente pode ir buscar as trampas, cunha solicitude previa a través do número de teléfono 981 751 398 e en horario de luns a venres de 09:00 a 14:00 horas. As trampas deberán instalarse en lugares sensibles como poden ser zonas con froitais, camelias, rododendros,… e deberán informar cada quince días do número de vespas capturadas en cada unha das trampas.

Ademáis, xa se comezou coa instalación de trampas naqueles puntos máis sensibles do noso municipio como as zonas dos centros educativos, paseos fluviais e parques infantís.

En Carballo

asemblea_aga_trampeo-Carballo
Asemblea da AGA

O Concello de Carballo, pioneiro en Galicia ao poñer en marcha no ano 2017 a primeira campaña de trampeo da avespa velutina, tamén vén de arrincar a deste ano, na que novamente vonta coa axuda dos apicultores e apicultoras do concello. Precisamente, e dado que esa colaboración se mantén dende a primeira edición, aproveitan a asemblea xeral da Asociación Galega de Apicultura (AGA), que se celebrou esta fin de semana no Fórum Carballo, para presentar a campaña 2023.

O ano pasado participaron 201 veciñas e veciños, que axudaron a distribuír polo territorio un total de 1.255 trampas, o que permitiu capturar 20.095 avespas. Unha das características da campaña de trampeo é que está aberta a toda a cidadanía. Se queres sumarte só tes que achegarte ata a oficina da empresa concesionaria do Servizo Municipal de Control de Pragas, Plaguiber, na rúa Brasil, número 27.
Mentres, o Servizo Municipal de Control de Pragas xa ten distribuídas tamén trampas por todas as zonas verdes, e, de feito, este domingo xa foi capturada a primeira.

 

En Camariñas

Pola súa parte, o Concello de Camariñas chama á participación cidadá para levar a cabo unha campaña de trampeo. O líquido atraínte proposto faise con produtos e materiais fáciles de adquirir: 2,5 litros de auga, 25 gramos de levadura fresca, 1 quilo de azucre e 2 culleradas de vinagre de mazá. Tamén se recorda que, se se ve un niño de velutinas, hai que chamar ao 012 para que o retiren.
Se algún veciño ten problemas para dar parte dos niños no teléfono 012 pode acercarse á Casa de Pedra ou chamar ao 981737004 e un axente de desenvolvemento local lle axudará.

En Laracha

Unha empresa especializada no control de pragas colocará un centenar de trampas en puntos estratéxicos das trece parroquias do Concello da Laracha. Así inicia a campaña o concello bergantiñán, que tamén implicará, na segunda quincena de marzo á veciñanza, cando se poida solicitar de balde no Concello tanto trampas como líquido atraínte.

En Coristanco

O Concello de Coristanco tamén pon en marcha a campaña de trampeo como informou na reunión celebrada este luns. Durante a mesma poderase solicitar unha trampa e líquido atraente de balde.

En Cabana

O Concello de Cabana de Bergantiños inicia desde o vindeiro mércores, día 15 de marzo, e ata o 1 de xuño a súa campaña municipal de loita contra a vespa velutina.
Na vindeira edición repartiranse un total de 100 trampas co seu respectivo líquido atraínte entre a veciñanza e instalarase a
mesma cantidade de dispositivos, controlados todos eles mediante aplicación móbil, por distintos puntos do termo municipal.

Novas relacionadas

Comentarios