Domingo. 28.04.2024
El tiempo

Cances pecha o curso en clave de exhibición

Actividades de Cancesl
Cances pecha o curso en clave de exhibición

A Asociacion Cultural San Campio de Cances (Carballo) celebra tamén o fin de curso.

Despois dun ano con continuo movemento coas clases de zumba, pilates, gaita e acordeón, baile e pandeireta (organizados directamente pola entidade) ou obradoiros de memoria e ximnasia para maiores (promovidos polo Concello), o propio Local Social vestirase de gala para o acto de clausura do curso.

A cita, este venres 16 de xuño a partir das 20:00h, terá exhibicions das actividades nos que participarán as case 100 persoas participantes, e entrega de diplomas dos mesmos.

clausura Actividades Cances 2023

Comentarios