Unha caravana de Citroen 2 Cabalos fixo parada en Baldaio
07:55 12/05/26
Xornada singular a vivida este luns no Camping As Névedas. Unha caravana dos míticos Citroen 2 Cabalos fixeron parada e fonda no establecimento de Baldaio, e foi moita a xente a que se achego ata o lugar para ver e preto estas xoias de catro rodas ao longo da despexada tarde.
Os vehículos forman parte dunha expedición francesa que, acompañados de varios trailers, volven de participar no Radi Lusitania de Portugal. Fixeron así a súa única parada en Galicia, esta tarde noite no camping carballés, e hoxe a primeira hora xa arrincaron cara Santander.
Foi unha fermosa ocasión para ver uns coches verdadeiramente singulares.


