Venres. 19.04.2024
El tiempo

O carballés Manuel Rey Pan recibe o Premio Somos Esenciais do Colexio de Xornalistas

presentacion ataxia manuel rey pan
Manu Rey Pan presentando o seu libro sobre a Ataxia Costa da Morte
O carballés Manuel Rey Pan recibe o Premio Somos Esenciais do Colexio de Xornalistas

O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia en colaboración con Gadis, lanzou o curso pasado o Premio de Xornalismo 'Somos Esenciais' 2021. O gañador dos 1.500 euros é o carballés Manuel Rey Pan polo podcast de GCiencia "O ano da pandemia", publicado o 13 de marzo de 2021.
Os membros do xurado destacaron a importancia deste traballo por "abordar a pandemia nun formato que está cada vez máis en valor nos medios de comunicación e pola súa visión ampla da pandemia que nos deixa un recurso atemporal do vivido nalgúns dos peores meses da pandemia".

Pan, tras anos de divulgación no portal científico máis recoñecido en Galicia, traballa agora no proxecto @EqualSeaLab da USC, facendo un estudo social arredor da Reserva Mariña dos Miñarzos.

Outro premio "costeiro"

Ademais, acordouse tamén conceder unha mención especial como finalista á reportaxe "Pechar a fronteira foi como pechar a fiestra da casa", da autoría de Elena Martín, Pablo Santiago, Sofía Caamaño Deus e Rubén Martins, publicada o 5 de decembro de 2021 no colectivo Xarda (con xentes da Costa) e tamén en portugués no xornal Público, un "exemplo de xornalismo transfronteirizo" nas palabras do xurado.

Novas relacionadas

Comentarios