Luns. 16.09.2019
El tiempo

O estudante do IES Monte Neme Rafael Brea, un dos 6 mellores expedientes de FP da provincia… e xa traballando

Rafael Brea, á esquerda, cos compañeiros do IES Monte Neme no Congreso FP INNova da Xunta do ano pasado
Rafael Brea, á esquerda, cos compañeiros do IES Monte Neme no Congreso FP INNova da Xunta do ano pasado
O estudante do IES Monte Neme Rafael Brea, un dos 6 mellores expedientes de FP da provincia… e xa traballando

O alumno do instituto carballés Monte Neme Rafael Brea, natural de Portomeiro en Val do Dubra, pode ser un perfecto exemplo. E iso que non son moitos os que poden alcanzar un expediente semellante e colocarse entre os 20 mellores expedientes dos ciclos de grao superior do pasado curso 17/18. Pero si que é certo que a Formación Profesional ten un grao de inserción laboral importantísimo, e por iso, e pola súa constancia e esforzo, Rafael xa está traballando.

Brea cursou o Ciclo SUperior de Mantemento en Electricidade e electrónica no IES Monte Neme (Carballo). O seu inmaculado expediente valeulle unha mención especial da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, que supón un premio de 850€, ademais de ter o dereito a concorrer, logo de inscrición, ao correspondente premio nacional de formación profesional de grao superior.

Pero o meirande premio para Rafael seguro que foi manter o posto de traballo na madereira FINSA, despois de cumprir con todas as expetactivas da empresa durante a realización das súas prácticas.

Dende o centro carballés sinalan que “é un rapaz moi intelixente, moi traballador e que sabe traballar moi ben en equipo”, como o corroboran os seus . O equipo directivo e o profesorado que lle impartiu clase e os seus compañeiros destacan “o seu esforzo, responsabilidade, dedicación, así como a súa continua dispoñibilidade para colaborar activamente en todos os proxectos que se estaban a desenvolver no centro educativo.

Na foto que achegamos aparece Rafa cos seus compañeiros do CS de Mantemento Electrónico, na presentación do proxecto de innnovación Ti2=i no Congreso FP Innova, na Cidade da Cultura o pasado curso. Rafael foi un dos alumnos que participou activamente nos diferentes aspectos de este proxecto (impresión 3D, deseño de circuítos electrónicos, reunións con persoal técnico de asociacións con persoas con discapacidade, programación de dispositivos, etc..), no que se elaboraron distintos materiais adaptados a persoas con discapacide, en colaboración coa ONCE e Aspaber.

Novas relacionadas

Novas do Monte Neme

Comentarios