Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Empresas e FP unen destinos laborais

Serxio Iglesias no encontro coas empresas do IES FernandoBlanco
Serxio Iglesias no encontro coas empresas do IES Fernando Blanco
Empresas e FP unen destinos laborais

Este pasado venres 28 de xuño celebrouse no IES Fernando Blanco de Cee o I Encontro Empresa-Educación. Unha cita que pretende vincular o mundo empresarial da comarca co centro de Formación Profesional, co obxectivo de afianzar a relación entre ambos e que o alumnado poida seguir realizando as súas prácticas en empresas da zona.

Acodiron máis de 60 persoas representantes de 45 empresas de diversos sectores económicos (banca, talleres de automóbiles, seguros, talleres mecánicos, produción de ferroaliaxes, seguros, asesorías, etc). No encontro, presentado por Serxio Iglesias xefe de estudos de adultos, puidose visionar un vídeo no que se expoñen as diferentes ensinanzas que se imparten no centro.

Jose Pardinas I Encontro entre empresa e educacion do IES Fernando Blanco

José Pardiñas (nesta foto superior), coordinador da FCT do instituto agradeceu aos empresarios presentes a acollida que, ano tras ano, fan do noso alumnado e a confianza que demostran contratando despois a moito deles.

A continuación dirixiu unhas palabras Chelo Trillo (na foto inferior), directora do IES Fernando Blanco, que ademais de recordar a figura de Fernando Blanco de Lema, salientou a importancia que ten a colaboración das empresas co sector educativo da FP, non só por permitir que o noso alumnado realice as súas prácticas e que non estean en inferioridade de condicións con respecto a outro alumnado que reside nas cidades, senón tamén porque esa colaboración permite dar resposta as necesidades de formación que se poden demandar por parte das empresas.

A directora do IES Fernando Blanco Chelo Trillo

Susana Pedrosa, responsable de equipamentos da Consellería de Educación felicitou aos docentes e empresarios presentes polo traballo desenvolvido.

Por último os asistentes ao encontro visitaron as instalacións do centro e compartiron uns pinchos nos xardíns. do instituto.

Novas relacionadas

Comentarios